Somos

De onde vimos?

O Colaboratorio IC xorde do encontro ¿Y SI NOS ENREDAMOS? («E SE NOS ENREDAMOS?») celebrado a finais de 2020, en pleno confinamento pola COVID-19, no marco do proxecto Frena la Curva («Frea a Curva») para reflexionar sobre como promover e artellar o ecosistema de Innovación Cidadá.

Nun principio, este encontro contou coa promoción de Laia Sánchez (Citilab); Ricardo Antón (ColaBoraBora e Wikitoki); Javier Ibáñez (Las Naves); Ibai Zabaleta (Hirikilabs e Tabakalera); Alberto Flores (Makea tu Vida); Adrian De Miguel e Marcos García (Medialab Prado); Adolfo Chautón e Josian Llorente. Implicou a máis de 150 persoas (profesionais, mediadoras, activistas e investigadoras, entre outras, principalmente do ámbito estatal e latinoamericano). Esta publicación-informe xurdiu das conversas, intercambios e ensinanzas que se produciron alí. Agora, empregámola como código fonte e folla de ruta. Nesta liña de tempo podes consultar os pasos que se van dando.

Ser comunidade

O Colaboratorio IC naceu con espírito de continuidade, coa intención de manterse activo o tempo que sexa preciso para conseguir que a Innovación Cidadá e os seus axentes se visibilicen, articulen e consoliden como parte vital do sistema de innovación.

Para iso, é fundamental xerar sentido e sentimento de comunidade co interese pola Innovación Cidadá como denominador común. A base do Colaboratorio IC é unha comunidade composta por axentes diversos e complementarios de calquera dimensión, ámbito de actividade ou tipoloxía (sociedade civil; administración pública; centros de coñecemento e investigación; empresas e profesionais). Falamos de axentes que queiran cultivar relacións significativas e alianzas transversais, xa sexan disciplinares, competenciais ou territoriais, desde a confianza, o recoñecemento e a reciprocidade de maneira corresponsable e proporcional, sen caer en lóxicas centradas na extracción.

Para desenvolverse, o Colaboratorio IC conta coa ampla e diversa comunidade da Innovación Cidadá e, ademais, co compromiso doutras figuras con distintos tipos de implicación.

Axentes promotores

Son aquelas organizacións e persoas que forman parte activa da comunidade e se implican en maior medida na orientación e xestión do Colaboratorio IC coa súa participación no Grupo de Coordinación. Ademais, intégrano na súa estratexia e plan de acción e achegan recursos concretos para o seu desenvolvemento (tempo de dedicación na súa xornada laboral, recursos materiais e servizos dos que dispoñen, orzamento para iniciativas concretas, organización dalgunha actividade…).

Gustaríache implicarte como axente promotor?

Actualmente, os axentes promotores do Colaboratorio IC son:

Axentes colaboradores

Son aquelas entidades que, sen formar directamente parte da comunidade, si que teñen competencias directas ou transversais ou exercen funcións relacionadas con ámbitos que lle afectan á Innovación Cidadá. Desde aí, queren contribuír a que o Colaboratorio IC implante a súa misión. Estas entidades poden ser administracións públicas, axencias de innovación, fundacións, universidades, centros de investigacións ou empresas. A colaboración faise efectiva mediante distintos tipos de vínculos e achegas en forma de recursos financeiros, materiais de investigación ou de comunicación, así como acceso a ámbitos e relacións estratéxicas para a Innovación Cidadá.

Gustaríache contribuír como axente colaborador?

Actualmente, os axentes colaboradores do Colaboratorio IC son:

Beneficios

Por que unirte ao Colaboratorio IC?

Que beneficios obtés ao unirte ao Colaboratorio IC?

  • Formar parte dunha comunidade diversa e activa no relativo á Innovación Cidadá que ten capacidade de representación colectiva, interlocución e incidencia en distintos ámbitos temáticos e territoriais.
  • Conectar con outros axentes afíns, con intereses comúns e perfís diversos que teñen miradas, experiencias e capacidades complementarias.
  • Unirte á consolidación de alianzas xa existentes e forxar relacións novas con axentes estatais e internacionais.
  • Participar na definición de retos comúns e proxectos desenvolvidos entre axentes que forman parte do Colaboratorio IC.
  • Acceder a infraestruturas, ferramentas e outros recursos que xerou ou compartiu o Colaboratorio IC.
  • Dar a coñecer as túas actividades e propostas nun marco de interese compartido.
  • Compartir maneiras de traballar, ensinanzas e boas prácticas.

Unha morea de beneficios comúns.
Canto máis te impliques, máis retornos recibirás!

Funcionamento

Unha estrutura aberta, participativa e dinámica.

O Colaboratorio IC non conta cunha forma xurídica propia, senón que funciona de maneira federada. Basea o seu desenvolvemento na confianza, recoñecemento, reciprocidade e apoio mutuos. O noso obxectivo é implicar unha cantidade ampla e diversa de axentes propoñendo formas e niveis de participación que favorezan un traballo autoxestionado, corresponsable e distribuído.

Ao unirte ao Colaboratorio IC, poderás participar e implicarte nos seus órganos de xestión, grupos de traballo, procesos de toma de decisións ou proxectos concretos que se activen, entre outros.

Diagrama funcionamiento

Comunidade IC

  • Composta por axentes con interese en formar parte do ecosistema de Innovación Cidadá que queren conectarse e estar ao tanto dos avances pero cun nivel de compromiso e implicación laxo ou puntual.
  • Celebra polo menos dous encontros anuais do conxunto da comunidade.
  • Existen canles de información e participación distintas que evolucionan a partir das súas necesidades.

Grupo de Coordinación

  • Equipo formado por persoas a título particular ou como representantes de organización que forman parte do Colaboratorio IC, tanto desde os axentes promotores como desde o conxunto da comunidade.
  • Asume labores básicas de xestión, coordinación, secretaría técnica, comunicación, dinamización do ecosistema…
  • Ten carácter aberto e voluntario aínda que, se se dispón de recursos, unha parte das funcións poderán apoiarse no traballo de persoas liberadas.
  • Reúnese de maneira periódica, polo menos cada dous meses.

Grupos de Traballo

  • Grupos estables ou temporais, de carácter aberto, compostos por persoas comprometidas co desenvolvemento das tarefas e accións do grupo.
  • Cada grupo define o seu plan de traballo e operativa tendo en conta os seus obxectivos, o número de persoas e implicacións, o carácter temporal ou a dispoñibilidade doutros recursos.
  • Funciona de maneira ad hoc e propón dous niveles de implicación como mínimo:

1. «Tirar do carro», coordinar, coidar o proceso e o cumprimento dos fitos.

2. Acompañar o proceso e activarse en momentos ou con tarefas concretas.

Recursos e financiamento

Como se sustenta o Colaboratorio IC?

Unha parte importante do traballo no Colaboratorio IC desenvólvese coa implicación voluntaria e a contribución de recursos propios dos axentes que o conforman. Isto concrétase no seguinte:

  • Tempo de dedicación a tarefas que se desenvolven no Colaboratorio IC (xestión, comunicación, redacción de propostas, asistencia técnica…).
  • Proporcionar infraestruturas e ferramentas de uso común (servidores, streaming, ferramentas colaborativas…).
  • Servizos que xa contrataron os distintos axentes do sistema e que poidan dar cobertura ao Colaboratorio IC (por exemplo, no relativo a traducións, deseño, servizos técnicos, imprenta, viaxes…).
  • Partidas orzamentarias destinadas a cubrir gastos e contratacións no marco do desenvolvemento de proxectos ou funcións e servizos ligados ao plan de acción do Colaboratorio IC que excedan o compromiso voluntario a fin de evitar tender a situacións insostibles ou que favorezan o sometemento propio á precariedade (en labores de coordinación, secretaría técnica, tarefas de xestión, facilitación e acompañamento, preparación de propostas, produción de actividades, programación web, relatorías…).

NOTA: Polo momento, o Colaboratorio IC non conta cunha forma xurídica propia que lle permita solicitar e recibir financiamento ou outros recursos de maneira directa. Por iso, a captación de recursos faise mediante os axentes promotores, sempre seguindo criterios de transparencia e en base a obxectivos e estratexias que se acordaron de maneira colectiva.

Suscríbete a nuestro boletín