Deprecated: preg_split(): Passing null to parameter #2 ($subject) of type string is deprecated in /var/www/html/colaboratorioic.org/wp-includes/formatting.php on line 3506

Manifesto

A Innovación Cidadá, unha oportunidade para un mundo en transición.

A Innovación Cidadá (IC) é fundamental para achar camiños distintos, creativos e apaixonantes de maneira colectiva a fin de atallar con positividade as transformacións e transicións que temos por diante. Porén, para que despregue toda a súa potencia, precisamos que conte con máis presenza na axenda pública e institucional, que sexa máis visible e recoñecida, así como que aumente a súa base social.
Con este obxectivo, desde o Colaboratorio IC propoñemos unha serie de medidas para promover a Innovación Cidadá. Ademais, facemos un CHAMAMENTO! para que te unas á iniciativa mediante a túa firma, dándoa a coñecer e participando en distintos encontros e grupos de traballo.

Vivimos tempos de cambios e incerteza. Os desafíos que temos por diante, pola súa dimensión, complexidade ou urxencia, desbordan os sistemas institucionais, tecnocientíficos e de mercado convencionais. Afrontamos transformacións e transicións ineludibles en todos os ámbitos da vida que esixen ir máis alá das formas clásicas de organización social e ditan maneiras novas de relacionarnos, convivir e producir en común. Precisamos respostas positivas e apaixonantes froito da intelixencia colectiva, da colaboración entre axentes de distintos tipos e sectores e da mestura de coñecementos, capacidades e experiencias diversas.

Perante isto, a Innovación Cidadá preséntase como unha grande oportunidade. Esta emerxe da implicación activa da sociedade civil, as persoas e comunidades ás que lles afecta e interesa cada desafío. O seu obxectivo é xerar de maneira colectiva respostas significativas, creativas e adaptadas ás súas necesidades e á realidade de cada territorio. Trátase dunha forma de innovación que se basea en experimentar conxuntamente solucións en todo tipo de formatos (servizos, produtos, procesos, políticas…) que melloren a vida e a contorna. Propostas que, de funcionar, tamén se poden desenvolver a maior escala ou transferirse a outros contextos. Ademais, a IC compleméntase, enriquécese e refórzase de forma aberta e transversal coa participación democrática e outras maneiras de innovación en ámbitos tan diversos como a acción social, o medio ambiente, a saúde, a educación, a cultura, a economía ou a tecnoloxía.

A Innovación Cidadá xa leva tempo madurando e estendéndose. Na súa multiplicidade de formas e expresións, non para de demostrar a súa capacidade e eficacia para identificar retos e acometelos. Porén, convén que a IC rompa o seu teito de cristal e deixe de percibirse como a resposta a momentos excepcionais e de emerxencia para pasar a entenderse e considerarse unha práctica continuada e integrada no cotián, tanto dentro como fóra das institucións.

Por iso, atopámonos nun momento determinante no que é preciso que a Innovación Cidadá despregue todo o seu potencial, que sexa máis visible e recoñecida e que aumente a súa base social. É importante que a IC goce de máis presenza na axenda pública e institucional e que, ao mesmo tempo, se achegue máis á sociedade civil, ás súas problemáticas, necesidades e proxectos de vida.

Con este propósito, facemos un manifesto e propoñemos unha serie de liñas de actuación prioritarias:

  1. Contribuír a unha maior articulación e sostemento do ecosistema de Innovación Cidadá. Fomentar as relacións entre as distintas tipoloxías de axentes a distintas escalas no marco territorial e das competencias. Establecer unha gobernanza colaborativa e distribuída do ecosistema que posibilite distintas formas de participación e niveis de implicación.
    Manifiesto IC — 1
  2. Visibilizar, conectar e mobilizar a multiplicidade de axentes do ecosistema tendo en conta a diversidade e o carácter complementario dos ámbitos de actuación e perfís (cidadanía organizada e non organizada, administración pública, centros de educación e investigación, empresas e profesionais). Fomentar os diálogos, as relacións significativas, as alianzas transversais e os procesos de colaboración nas claves de confianza, recoñecemento e reciprocidade.
    Manifiesto IC — 2
  3. Achegar a Innovación Cidadá á sociedade en xeral, buscando grupos de interese e públicos específicos. Destacar a capacidade da IC para transformar e cohesionar a sociedade mediante a implicación de medios de comunicación, institucións, axentes sociais ou empresas, entre outros, no seu proceso de visibilización. Dar a coñecer exemplos prácticos que resulten ilustrativos e motivadores e que animen a axentes que non adoitan identificarse neste marco a sentirse parte del.
    Manifiesto IC — 3
  4. Incorporar a Innovación Cidadá nas políticas públicas de maneira transversal con estratexias, plans e medidas concretas. Combinala con outras formas de innovación, como a social, a aberta, a pública, a cultural ou a dixital. Tamén convén conseguir que se recoñeza a súa especificidade no seo dos sistemas de ciencia, tecnoloxía e innovación como un concepto moito máis amplo cá ciencia cidadá.
    Manifiesto IC — 4
  5. Potenciar a proliferación de laboratorios de tipoloxía diversa a modo de infraestruturas híbridas esenciais para o desenvolvemento da Innovación Cidadá e a articulación do seu ecosistema. Reforzar a súa función como espazos fundamentais para a investigación e a innovación, así como para aprender a participar, experimentar e producir en colaboración. Visibilizar o seu valor como lugares de referencia, encontro e relación, catalizadores de procesos e mediacións, facilitadores de metodoloxías ou amplificadores e divulgadores dos resultados.
    Manifiesto IC — 5
  6. Promover unha rede distribuída e federada de laboratorios e outros axentes intermedios que actúen como nodos conectores do ecosistema, desenvolvan accións conxuntas e entretezan relacións a nivel local (nos barrios, vilas e cidades), rexional, estatal e internacional. Combinar laboratorios e axentes máis especializados e referenciais con outros máis próximos ligados a realidades, temáticas ou comunidades concretas en bibliotecas, centros culturais e comunitarios, escolas e universidades, ambulatorios, telecentros, oficinas de emprego, polideportivos etc.
    Manifiesto IC — 6
  7. Impulsar a produción en colaboración e o uso compartido de infraestruturas, ferramentas, metodoloxías e recursos comúns en base ás lóxicas do coñecemento e ás tecnoloxías libres e abertas. Celebrar programas de formación e acompañamento que favorezan o desenvolvemento soberano das persoas e comunidades e faciliten a colaboración en rede.
    Manifiesto IC — 7
  8. Apoiar o desenvolvemento conxunto de proxectos concretos que se producen en colaboración con axentes diversos e que se adaptan aos distintos contextos. Traballar no relativo aos desafíos comúns mediante a resposta a proxectos vitais e necesidades específicas, así como a conexión de problemáticas ou axendas locais con marcos institucionais macro, como pode ser a Axenda 2030 e os seus ODS.
    Manifiesto IC — 8
  9. Introducir a Innovación Cidadá no sistema educativo cun itinerario evolutivo desde primaria á universidade e ao longo da vida para o desenvolvemento de competencias transversais e a formación de axentes de cambio. Crear programas ou materias que combinen a aprendizaxe e a práctica onde se poidan levar a cabo investigacións e proxectos vinculados a desafíos e comunidades concretas.
    Manifiesto IC — 9
  10. Desenvolver un marco profesional cualificado en torno á Innovación Cidadá que teña como base un conxunto de competencias que facilitan as relacións, os procesos e os proxectos. Identificar perfís profesionais e crear programas e contidos formativos que permitan adquirir as habilidades técnicas, metodolóxicas e persoais necesarias.
    Manifiesto IC — 10
  11. Comprometerse coa renovación, a transformación e o fortalecemento do sistema público. Avanzar cara institucións máis abertas, empáticas, facilitadoras e en liña. Apoiar a experimentación de formas novas de gobernanza, participación e colaboración público-social. Convén logralo grazas á incorporación do persoal público como axentes esenciais do ecosistema de innovación.
    Manifiesto IC — 11
  12. Definir un sistema de avaliación de referencia desde uns principios e indicadores acordes á Innovación Cidadá. Un sistema que permita tanto medir a repercusión e render contas como facilitar a análise comparativa e contribuír á mellora continua do propio ecosistema, os seus axentes e as innovacións propostas. Á súa vez, este sistema metodolóxico ten que poder incorporarse á avaliación noutros ámbitos ou complementala.
    Manifiesto IC — 12

Formulamos este MANIFESTO! desde o Colaboratorio IC, un espazo colectivo para o encontro, a conexión e a acción. Fórmase grazas a un conxunto plural e diverso de axentes comprometidos con situar a Innovación Cidadá na axenda pública e institucional, así como con artellar o seu ecosistema desde a perspectiva transversal.

Para logralo, buscamos a implicación de máis axentes relacionados de distintas maneiras coa Innovación Cidadá, así como das institucións e entidades con responsabilidades e competencias directas en innovación.

Convidámoste a que apoies este movemento asinando o MANIFESTO! Tamén che pedimos que o compartas entre os teus círculos e redes de confianza. Ademais, se queres ir un paso máis alá, podes unirte aos encontros e grupos de traballo para avanzar na consecución dos distintos obxectivos.

ÚNESTE A ESTE MANIFESTO?
XUNTAS SOMOS MÁIS FORTES!

Manifesto

A Innovación Cidadá (IC) é importante para resolver os problemas do noso día a día.

O mundo está cambiando moito e moi á présa.
Cada vez hai máis problemas e retos que debemos superar.
Moitas veces, as solucións das institucións ou o mercado non abondan nin conseguen resolver as cousas.
Para adaptarnos aos cambios, é preciso buscar solucións novas e creativas aos retos aos que nos enfrontamos.
Ideas e proxectos novos que melloren as nosas vidas e que xurdan das mentes das propias protagonistas, da xente coma ti.
Isto chámase Innovación Cidadá (IC).

Ti es quen mellor coñece os teus problemas, mais non podes solucionalos ti soa.
Por iso, debemos colaborar con outras persoas.
Todas debemos organizarnos e pensar xuntas.
Así, tamén poderemos coidar mellor a natureza, a saúde, a educación, a cultura ou a economía.

Xa sabemos que, cando a xente se organiza, consegue solucións mellores: acórdaste da xente que cosía máscaras na casa ao principio da pandemia? Lémbraste da xente nova que lles facía a compra ás súas veciñas maiores para que non tivesen que saír? Pois iso é a IC. Pero a IC non debe aparecer só cando hai unha emerxencia. Debemos traballar para que estea presente na nosa vida diaria e en toda a sociedade.

Para conseguilo, convén que a xente coñeza a IC, que as administracións a apoien, que sexa capaz de ofrecer respostas reais ás necesidades que temos. Por iso creamos este manifesto no Colaboratorio IC. Queremos que a IC medre e se popularice e, para iso, propoñemos estas medidas:

  1. Que cada vez haxa máis persoas que coñecen e apoian a IC e que atopan maneiras de colaborar nela.
    Manifiesto IC — 1
  2. Que todas as partes que traballen a favor da IC poidan comunicarse: persoas, administracións, empresas ou centros de formación e investigación.
    Manifiesto IC — 2
  3. Que a televisión, as radios, a prensa e as redes sociais falen da IC para que chegue a todo o mundo.
    Manifiesto IC — 3
  4. Que as institucións contribúan ao crecemento da IC.
    Manifiesto IC — 4
  5. Crear espazos para que a xente comparta ideas e proxectos a fin de que aprendan máis sobre a IC e traballen xuntas en propostas novas.
    Manifiesto IC — 5
  6. Que todos estes espazos estean en contacto e funcionen coma unha rede que traballa en lugares distintos.
    Manifiesto IC — 6
  7. Que todas as persoas que traballan na IC compartan o que teñen e o que saben de maneira libre e gratuíta.
    Manifiesto IC — 7
  8. Desenvolver proxectos que dean resposta a grandes problemas, como o cambio climático, a pobreza ou outros Obxectivos de Desenvolvemento Sostible.
    Manifiesto IC — 8
  9. Crear programas de formación en materia de IC para que haxa profesionais bos neste ámbito.
    Manifiesto IC — 9
  10. Crear programas de formación en materia de IC para que haxa profesionais bos neste ámbito.
    Manifiesto IC — 10
  11. Que a IC colabore con institucións para construír uns servizos públicos mellores de maneira conxunta.
    Manifiesto IC — 11
  12. Pensar nunha maneira de valorar os proxectos de IC con claridade e transparencia para calcular canto melloran a vida das persoas.

No Colaboratorio IC, cremos que todo isto é importante para construír unha sociedade mellor de maneira conxunta.
Por iso, pedímosche que asines este manifesto e que nos axudes a que chegue a outras persoas coma ti.
Ademais, se queres ir un paso máis alá, podes subscribirte ao noso boletín e unirte á comunidade do Colaboratorio IC.

Axúdasnos coa túa sinatura?
XUNTAS SOMOS MÁIS FORTES!

Esta versión do manifesto en Linguaxe Clara creouse grazas á colaboración de Lectura Fácil Euskadi e ComunicaTech.

Nombre y apellidosEntidad
Adolfo Chautón Pérez
CooperativaActyva_ICosistemas
Adrià Prats Romeu
Adrian Smith
Science Policy Research Unit, University of Sussex
Ainoa Boyd Arregui
Alberto Flores
Makea tu vida
Alexandra Libânio
Estação Cooperativa
Ana Viñals Blanco
Podemos Bilbao
Angel Navarro
Las Naves
Arantza Mariskal Balerdi
Medialab Tabakalera
Artur Serra
i2cat
Asier Amezaga
Komuniatik
Asier Gallastegi Fullaondo
Beatriz Fadón Junyent
Ecocomedores Extremadura. Alianza para una alimentación escolar saludable y sostenible
Bernardino David Rodríguez Espino
Gabinete de Asistencia Técnica en materia de Participación Ciudadana a gobiernos municipales de Gran Canaria (GAT), un proyecto de colaboración entre el Colegio Oficial del Trabajo Social de Las Palmas y la Dirección General de Participación Ciudadana del Cabildo de Gran Canaria
BoraBeirã
PlanetaAlecrim Associação
Carlos Oliván Villobas
Laboratorio de Aragón Gobierno Abierto - LAAAB
Carmen Oviedo Cueva
Pedagogías Invisibles
Carpe
Daniel Llamas
Macedonia
David Gateu Valls
Vallsgenera
David Mingorance Puga
AIDI
David Pello Gonzalez
Diego Gracia
Subdirección General de Coordinación Bibliotecaria (Ministerio de Cultura y Deporte, España)
Diego López-de-Ipiña González-de-Artaza
Universidad de Deusto
ELENA POLO RAIGÓN
Empar Polo
Citilab
Eva Gómez
i2cat
FERMIN CEREZO PECO
Florencia De Los Santos
Gorka Rodríguez Olea
Urbanbat
Ibai Zabaleta
Tabakalera
Inaki Lazaro
Infolagun
Iranzu Guijarro Plaza
ColaBoraBora
Irene Reig Alberola
CARPE
Ixone Artetxe
J.Ignasi
CTTI
Javier Arteaga
Feeling
Javier Ibáñez Martínez
Las Naves
Javier Ratonlab
Javier Roche Martínez
Harinera ZGZ
Jordi Colobrans Delgado
Fundació i2CAT
Jorge Benet
Josep Marés i Subirà
adhoc cultura
Juan
Artefacto diseño
Juan García Única
Uguburú. Seminario de Literatura Infantil y Juvenil en la UGR / Universidad de Granada
JUAN LAZARO GARCÍA
ARTE_FACTO DISEÑO
Kani Cubo
LAAAB
Karina Rocha Currás
lareira social
Klaudia Alvarez Nogales
Adab1ts
Laia Sánchez
Citilab
Laura Peredo
Espacio Odisea
Laurita Siles
Mutur Beltz
Leire Cano
Medialab-Tabakalera (Ereiten)
Liliana Arroyo Moliner
Lola Montejo Cunilleras
Tésera Mediació
Lourdes Mirón
Jovesólides
luis Pradilla
Maje Reig
CARPE
Marcos García
María Campos
María Lozano
Mariana Salgado
Diseño y diáspora podcast
Marianna Martinez Alfaro
Circular Society Labs
Marianna Martinez Alfaro
circular society labs
Matías Verderau del Río
Lichen Innovación Social
Mauro Gil-Fournier
Arquitecturas Afectivas
Montse Lara Suriol
Biblioteca Municipal de Cervelló
MORA EFRON
Natascha Wahlberg Macías
Social Climate S.COOP.AND
Òscar Martínez Ciuró
MakerConvent
Patricia Horrillo Guerra
Wikiesfera
Paula
coboi
RAQUEL
DT EDUCACIÓN
Ricardo Antón Troyas
ColaBoraBora
Rubén Domínguez
Sara Anes Sanz
Serafín Huertas Alcalá
SONIA PRIETO GONZÁLEZ
eCivis, asociación para la promoción de la ciudadanía activa
Stephanie García
Papelería urbana
Susana Moliner
GRIGRI
Teresa Jular Pérez-Alfaro
xli design+thinking
Tomas Guido
#plantauno-transit projectes
Toñi Caro González
i2Cat
Toñi Caro González
eohforgood
Victoria Pellicer Sifres
Las Naves

¿Nos ayudas con tu firma? ¡Juntas somos más fuertes!

* Dato obligatorio.
• Campo visible públicamente en la web y otras publicaciones.
• Campo de uso interno no visible públicamente o utilizado de forma agregada o para realizar filtrados de búsqueda.
Campo no visible públicamente.
Campo no visible públicamente.
Campo no visible públicamente.
Campo no visible públicamente.
Campo no visible públicamente.

Suscríbete a nuestro boletín