[vc_row el_class=”submenus”][vc_column][vc_row_inner css=”.vc_custom_1650951718306{padding-top: 5vh !important;padding-bottom: 1vh !important;}”][vc_column_inner width=”3/5″][vc_column_text]
Todo isto ten que ver con cuestións legais, compromisos, acordos ou consentimentos.
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/5″][vc_single_image image=”2582″ img_size=”full” css_animation=”fadeIn”][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_separator color=”black”][vc_wp_custommenu nav_menu=”54″ title=”Regulamento /”][/vc_column][/vc_row][vc_section el_id=”aviso-legal”][vc_row][vc_column][vc_separator color=”black”][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Aviso legal e condicións de uso
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]O Colaboratorio IC é unha iniciativa que ten como obxectivo contribuír á articulación do ecosistema de Innovación Cidadá. Impúlsana un conxunto de Axentes Promotores de maneira federada, que son os corresponsables dela.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Titularidade da páxina web
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]Esta páxina web, con dominio www.colaboratorioic.org, é a principal vía de información e comunicación pública do Colaboratorio IC. Ante calquera tipo de notificación, convén dirixirse ao seguinte enderezo: info@colaboratorioic.org.
A páxina web está rexistrada a favor de ColaBoraBoca koop. elk. txikia, F95146007, Plaza de La Cantera 5, 2.º, 48003 Bilbao, 944 158 86, www.colabora.org.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Acceso e utilización do sitio web
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]O acceso ou a utilización da web do Colaboratorio IC por parte das persoas usuarias é libre, voluntario e gratuíto, e implica o seguinte:
1) A aceptación dos termos e condicións que conforman este aviso legal.
2) O feito de facer un uso adecuado, proporcionado e lícito da páxina web e do seu contido.
3) A asunción da responsabilidade por danos, prexuízos, perdas, reclamacións ou calquera outro gasto da natureza que sexa e que poida derivar do acceso ou da utilización da web no seu conxunto. En calquera caso, as relacións do Colaboratorio IC coas persoas usuarias están sometidas é lexislación vixente no momento.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Propiedade intelectual da web
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]Todos os contidos da web recóllense nunha licenza creative commons by sa, que permite a copia e reutilización sempre que se cite a autoría e se compartan coa mesma licenza.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Contido da páxina web e ligazóns
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]ColaBoraBora koop. elk. txikia non se responsabiliza dos contidos que non creamos ou publicamos nós ou que se elaboran e transmiten sen a nosa autorización. Isto inclúe as páxinas web de terceiros ás que se pode acceder mediante ligazóns desde a páxina web, así como os comentarios e as achegas das persoas usuarias a través das canles de participación dispoñibles para este fin.
ColaBoraBora koop. elk. txikia non garante plenamente o acceso a todos os contidos.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Actualización e modificación da páxina web
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]ColaBoraBora koop. elk. txikia reserva o dereito a modificar estas condicións de uso, así como a alterar, eliminar, interromper, suspender ou cancelar o acceso, os servizos ou os contidos da web.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Indicacións sobre aspectos técnicos
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]A web funciona grazas a WordPress. Flou Flou D.A. encargouse do deseño e do desenvolvemento e Montera34 xestiona o servidor no que está aloxada.
ColaBoraBora koop. elk. txikia exclúe, no ámbito que permita a lei, calquera responsabilidade por danos e prexuízos de calquera natureza derivados do seguinte: erros ou omisións nos contidos, falta de dispoñibilidade do sitio web ou transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos.
No entanto, ColaBoraBora koop. elk. txikia declara que adoptou todas as medidas necesarias para garantir o funcionamento da web e evitar a existencia e a transmisión de virus ou compoñentes prexudiciais ás persoas usuarias.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Protección de datos persoais
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]ColaBoraBora koop. elk. txikia comprométese ao tratamento dos datos persoais de maneira respectuosa cos dereitos dos seus titulares e de conformidade coa normativa de protección de datos que estea en vigor en cada momento. No apartado de «políticas de privacidade» do sitio web, ponse a información legal ou a política de privacidade correspondente á disposición permanente do usuario.
ColaBoraBora koop. elk. txikia incluirá os datos que faciliten os usuarios nun ficheiro da súa titularidade e a súa existencia comunicaráselle debidamente á Axencia de Protección de Datos.
[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Lexislación e xurisdición aplicable
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]As relacións establecidas entre o titular deste sitio web e as persoas usuarias rexeranse polo disposto na normativa vixente relativa á lexislación aplicable e á xurisdición competente.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][/vc_section][vc_section el_id=”politica-privacidad”][vc_row][vc_column][vc_separator color=”black”][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Política de privacidade e protección de datos
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]En cumprimento da normativa de protección de datos persoais (LOPD), comunicámosche que a corresponsabilidade sobre o tratamento dos datos persoais que facilites a través dos distintos formularios da web recaerá nos Axentes Promotores do Colaboratorio IC, que actualmente son os seguintes:
- Canòdrom, Ateneu D’Innovaciò Digital I Democràtica, Carrer Concepció Arenal 165, 08027 Barcelona.
- Carpe, Palza Vicente Iborra 8, escalera A, piso 1, puerta 2, 46003 València
- Citilab, Laboratori ciutadà d’innovaciò social i tecnològica, Pl. Can Suris s/n, 08940 Cornellà de Llobregat.
- ColaBoraBora koop. elk. txikia, Plaza de La Cantera, 5 – 2º, 48003 Bilbao, info@colaborabora.org
- LAAAB (Laboratorio de Aragón[Gobierno] Abierto), Plaza del Pilar, 3, 50003 Zaragoza.
- Las Naves (Fundación de la Comunidad Valenciana para la Promoción Estratégica, el Desarrollo y la Innovación Urbana ), Calle Joan Verdeguer 16, 46004, Valencia.
- Medialab Tabakalera, Herritarren sorkuntza eta esperimentaziorako gunea, Pl. de las Cigarreras, 1, 20012 Donostia-San Sebastian, Gipuzkoa.
[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Para que tratamos os teus datos persoais?
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]En xeral, a recollida e o tratamento dos datos persoais a través dos formularios da web do Colaboratorio IC ten como finalidade:
- Permitir que organizacións e persoas se rexistren como parte activa da comunidade do Colaboratorio IC.
- Recoller as inscricións ao MANIFESTO!
- Permitir o indexado de axentes e iniciativas relacionados coa Innovación Cidadá.
- Enviar boletíns periódicos ou facer outros envíos extraordinarios mediante correo electrónico, lista de correo ou aplicacións de mensaxería móbil, que serán relativos a convocatorias, publicacións, noticias ou outra información vinculada directamente coa actividade do Colaboratorio IC.
- Atender e xestionar adecuadamente as consultas, comentarios, incidencias ou suxestións remitidas ou expresadas na web.
[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Formularios de recompilación de datos para a participación ou para darse de alta no boletín do Colaboratorio IC
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]A base legal para o tratamento dos teus datos persoais é o consentimento que outorgas ao encher os distintos formularios da web. Recordámosche que podes retirar o teu consentimento en calquera momento, mais sen efecto retroactivo.
- Acepto o tratamento dos meus datos persoais (campo obrigatorio).
- Quero recibir máis información relacionada co Colaboratorio IC (campo obrigatorio).
Algúns dos datos que solicitamos son obrigatorios e outros opcionais. Do mesmo xeito, hai datos que terán visibilidade pública e outros que non. Estas cuestións especifícanse claramente nos seus respectivos formularios.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Contido incrustado desde outros sitios web.
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]Na web tamén hai contidos incrustados desde outras páxinas, como vídeos, imaxes, publicacións ou redes sociais, entre outros. Con respecto á xestión de datos persoais e das cookies nestes casos, o acceso a estes contidos equivale a que a persoa usuaria visitara a páxina de orixe de cada contido.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Quen pode ser cesionario ou destinatario dos teus datos persoais?
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]O Colaboratorio IC non comparte os datos das persoas usuarias con terceiros, agás nos supostos necesarios para o desenvolvemento, control e cumprimento das finalidades expresadas nos supostos que recolle a lei.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Durante canto tempo conservamos os teus datos persoais?
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]Conservamos os datos indefinidamente ata a finalización da actividade do Colaboratorio IC. Chegado ese momento, poderemos conservar os datos, debidamente bloqueados, ata a prescrición das accións legais que poidan derivarse.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Que dereitos tes sobre os teus datos?
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]Tes dereito a acceder aos teus datos persoais obxecto de tratamento, así como a pedir a rectificación dos datos inexactos e a solicitar a súa supresión cando xa non sexan necesarios para os fins para os que se recolleron. Ademais, podes exercer o dereito de oposición e limitación ao tratamento e á portabilidade dos datos. Para facelo, diríxete por correo electrónico ao enderezo info@colaboratorioic.org e indica «Protección de datos» no asunto. Será preciso que achegues a seguinte información: nome e apelidos, domicilio a efectos de notificacións, petición do dereito que queres exercer e copia do DNI, NIE ou pasaporte.
No caso de considerares que se infrinxiu algún dos teus dereitos, podes presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Seguranza dos datos persoais
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]Os corresponsables adoptarán no seu sistema de información as medidas técnicas e organizativas adecuadas para cumprir o principio de responsabilidade proactiva a fin de garantir a seguranza e a confidencialidade dos datos almacenados de maneira que se evite a súa alteración, perda, tratamento ou acceso non autorizado.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][/vc_section][vc_section el_id=”politica-cookies”][vc_row][vc_column][vc_separator color=”black”][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Cookies
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]
- No Colaboratorio IC, utilizamos cookies propias e de terceiros para mellorar a experiencia das persoas usuarias da web. As cookies son pequenos ficheiros que se almacenan no navegador ao acceder a unha web. As súas funcións son moi variadas: optimizar cuestións técnicas, recuperar preferencias de navegación e opcións personalizadas (idiomas, visualización…), recompilar información estatística, interactuar con redes sociais, utilizar áreas seguras, permitir posibilidades de rexistro ou xeolocalización etc.
- Só utilizamos as cookies estritamente necesarias e esenciais para o funcionamento óptimo da web. Poderán incorporarse cookies novas relativas a funcionalidades e servizos que se vaian habilitando.
- Podes aceptar todas as cookies ou, se simplemente continúas navegando, daremos por feito que estás de acordo. Nas opcións de configuración do navegador, podes activar a navegación en modo privado ou de incógnito, que automatiza a eliminación de cookies ao finalizar a sesión. Ademais, podes seleccionar e cambiar a túa configuración, retirar o consentimento ou obter máis información desde aquí.
- Se rexeitas as cookies, poderás seguir utilizando a web, aínda que isto afecte ao seu desempeño. Algunhas funcionalidades e servizos quedarán deshabilitados.
Podes atopar máis información xeral sobre as cookies e sobre como xestionalas no menú de Axuda do navegador, en webs como allaboutcookies.org ou na «Guía sobre o uso das cookies» que publicou a Axencia Española de Protección de Datos e á que se pode acceder desde a súa páxina web.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][/vc_section][vc_section el_id=”netiqueta”][vc_row][vc_column][vc_separator color=”black”][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Netiqueta
Política de uso e participación nas canles de comunicación interna do Colaboratorio IC
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]A Netiqueta é un instrumento para optimizar a comunicación, facilitar a convivencia e axudar a resolver posibles conflitos nas listas e grupos existentes no seo de comunidades dixitais. Neste caso, contribúe a manter un bo ambiente relacional arredor do Colaboratorio IC, un espazo de encontro, conexión e acción que é inclusivo e está autoorganizado e cuxo obxectivo é artellar o ecosistema de Innovación Cidadá.
Pregámosche que a leas con atención, que a respectes e que axudes a mellorala porque está aberta e en revisión constante.[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Pautas básicas e código ético
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]As listas e grupos do Colaboratorio IC teñen como obxectivo facilitar a xestión participativa e distribuída, conectarse, manter conversas e compartir información e experiencias relacionadas co ámbito que nos reúne. Ademais, serven para organizar equipos de traballo e accións acordadas en colectivo ou para debater sobre o propio funcionamento do grupo. Participar implica seguir unha serie de pautas e un código ético:
- A primeira vez, empeza por presentarte. Opta por algo breve e sinxelo: nome ou alcume, intereses e actividades e ligazóns para obter máis información.
- A lingua principal de expresión nestes espazos é o castelán. Exprésate con certa ecoloxía. Non acapares un protagonismo excesivo nin monopolices os espazos comúns nin as conversas. Axuda a manter os debates nun ambiente san, educativo e construtivo. Le as mensaxes anteriores antes de intervir. Comparte o teu coñecemento coa comunidade, pero evita a autopromoción, a publicidade e a transmisión de mensaxes non desexadas. Coida a redacción. Tenta non discutir por discutir e, por favor, non fomentes os trols.
- Nas listas ou grupos que o permitan, podes abrir un fío de conversa sobre un tema determinado. Nese caso, especifica un título (tema ou asunto) que sexa breve, reflicta o contido e permita identificar e seguir comodamente o fío.
- En ocasións, o fluxo de información pode chegar a ser complexo. Por iso, recomendamos que, ademais do asunto (subject), as mensaxes inclúan entre [corchetes] unha palabra que funcione como categoría identificativa, de maneira que as integrantes poidan ter unha primeira aproximación ao contido do correo. Suxírense as seguintes categorías xerais:[PRESENTACIÓN]: presentarse cando se accede ao grupo.[CONVOCATORIA]: peticións de axuda (difusión por redes sociais, unirse a un proxecto etc.).[GT ____]: para informar sobre algún dos Grupos de Traballo que están en funcionamento. Cada grupo identificarase de maneira descritiva. Por exemplo: [GT COORDINACIÓN], [GT FERRAMENTAS] ou [GT INCIDENCIA].[RECURSO]: compartir un recurso útil para a comunidade.[INFO]: compartir artigos ou ligazóns interesantes.[ORG]: cuestións da organización do grupo ou da lista.[DUDA] (DÚBIDA): solicitar axuda para unha cuestión concreta.[OFFTOPIC]: para mensaxes que non estean directamente relacionadas co tema da lista ou do grupo.
- Respecta os fíos da conversa. Trata só un tema ou pregunta en cada mensaxe, que se relacionará co tema da lista ou do grupo e o fío en cuestión (On-Topic). Se queres tratar un tema distinto, abre outro fío. Non abras díos innecesarios. Se xa existe un fío sobre o asunto, non abras outro novo. Esa acción consideraríase ruído.
- As mensaxes que non sexan construtivas ou que non estean relacionadas co tema, así como outro tipo de abusos, non teñen boa acollida. Non se permiten a linguaxe nin os comportamentos ofensivos baseados no xénero, etnia, crenza, relixión, condición social ou calquera outro aspecto que atente contra a convivencia desde a diferenza.
- Evita ataques persoais e respostas baseadas en prexuízos, relacións anteriores ou conversas noutras listas. Cínxete ao ocorrido e expresado aquí ou, en todo caso, expón claramente os teus argumentos para que o resto poida entendelos ou defenderse de maneira apropiada. Non suplantes nin multipliques identidades. Non fagas grupos para atacar outras persoas. Non digas algo que non dirías á cara e non te esquezas nunca de que a persoa que le a mensaxe ten sentimentos e de que podes ferilos. Non actúes de xeito manipulador ou tendencioso.
- Evita escribir en maiúsculas porque se considera BERRAR e dificulta a lectura. Sempre que poidas, non anexes arquivos (é mellor unha ligazón). Usa texto sinxelo, non HTML.
- Protexe a túa privacidade e a de terceiras persoas. Non reveles contrasinais, números de tarxeta ou calquera outro dato que consideres delicado ou persoal. Tampouco envíes información confidencial nin material se non tes a súa licenza.
- Subscribirse e cancelar a subscrición ás listas e aos grupos de comunicación do Colaboratorio IC pódese facer de xeito voluntario e gratuíto. En cada caso, farase segundo as especificacións derivadas de cada ferramenta ou plataforma. Se xorden problemas no proceso de subscrición ou cancelación da subscrición, pregámosche que te poñas en contacto con info@colaboratorioic.org.
[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Moderación e sancións polo incumprimento da Netiqueta
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]O Equipo de Moderación do Colaboratorio IC xestiona as listas e os grupos e encárgase de facer o necesario para que funcionen correctamente e para restrinxir os abusos dos que se informe a fin de manter un funcionamento normal e ininterrompido do servizo.
- O Equipo de Moderación non é responsable dos envíos que se produzan ou de calquera cousa que poida ocorrer ao respecto deles. A responsabilidade recae nas persoas que os emiten.
- O Equipo de Moderación ten potestade para moderar ou expulsar as persoas usuarias de conformidade coas normas acordadas de maneira colectiva. O Equipo de Moderación poderá recusarse se se considera que non exerce a súa función de maneira adecuada ou se excede.
- Se unha persoa usuaria quere denunciar o comportamento doutra, deberá comunicarlle o motivo da denuncia ao Equipo de Moderación e achegar probas relativas ao motivo (incluír mensaxes ou parágrafos relevantes e indicar os aspectos da Netiqueta que non se respectan).
- A usuaria aludida poderá xustificar a súa actitude ou pedir desculpas.
- As sancións acordadas nesta lista ou grupo son as seguintes:
- Moderación inicial (2 semanas): cando alguén incumpre 3 veces a Netiqueta.
- Moderación temporal (4 semanas): no caso das persoas que xa tiveron un proceso previo de moderación.
- Expulsión: cando se demostre que se produciu unha reincidencia ou ocorran faltas graves. A persoa sancionada só poderá regresar convidada e co respaldo explícito de, polo menos, tres membros da lista e unha persoa do Equipo de Moderación.
- Expulsión definitiva: se, despois dun primeiro proceso de expulsión, unha persoa se readmite e reincide no incumprimento da Netiqueta, producirase a expulsión definitiva da mesma sen posibilidade de regreso.
- Non se permite o envío de mensaxes non desexadas ou publicidade non solicitada. Bloquearase a participación de quen remita estas mensaxes ou tomaranse as medidas pertinentes.
- Cando se considere que hai unha interrupción coordinada de varias persoas usuarias para romper a harmonía da comunidade, o Equipo de Moderación poderá apartalas de maneira preventiva ata adoptar a medida apropiada. Se se demostra que unha persoa coordinou a irrupción e o ataque, considerarase unha falta grave ou incluso definitiva, en función do dano provocado.
- Cando se produzan outras situacións extraordinarias que xeren controversia, abrirase un proceso colectivo para tomar as medidas apropiadas.
[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][vc_row_inner gap=”35″][vc_column_inner width=”1/3″][vc_column_text]
Fonte e licenza de uso
[/vc_column_text][/vc_column_inner][vc_column_inner width=”2/3″][vc_column_text]Esta Netiqueta é unha adaptación da que se creou para a lista de correo P2P+Comunes (P2P+Comúns) e que, á súa vez, foi posible grazas a outras Netiquetas preexistentes, entre as que se inclúen as de Clone Wars, Debian, Hacktivistas, Las Indias ou Wikipedia.
Sométese á licenza CC-BY-SA para que poida reutilizarse e adaptarse.
[/vc_column_text][/vc_column_inner][/vc_row_inner][/vc_column][/vc_row][vc_row gap=”35″ content_placement=”middle” el_id=”newsletter” css=”.vc_custom_1649222949766{border-top-width: 1px !important;padding-top: 30px !important;padding-bottom: 50px !important;border-top-color: #000000 !important;border-top-style: solid !important;}”][vc_column width=”2/3″][vc_single_image image=”1261″ img_size=”full” alignment=”right” css_animation=”fadeInLeft” retina_image=”yes” css=”.vc_custom_1649222711335{padding-left: 30px !important;}”][/vc_column][vc_column width=”1/3″][vc_column_text el_class=”newsletter”]
Suscríbete a nuestro boletín
para recibir lo último sobre
innovación ciudadana en tu email.
[/vc_column_text][vc_btn title=”Suscríbete a nuestro newsletter” style=”outline” shape=”round” color=”inverse” align=”center” button_block=”true”][/vc_column][/vc_row][/vc_section]