{"id":1375,"date":"2021-11-12T15:39:25","date_gmt":"2021-11-12T15:39:25","guid":{"rendered":"https:\/\/colaboratorioic.org\/sobre\/"},"modified":"2022-06-10T14:22:04","modified_gmt":"2022-06-10T14:22:04","slug":"sobre","status":"publish","type":"page","link":"https:\/\/colaboratorioic.org\/gl\/sobre\/","title":{"rendered":"Sobre"},"content":{"rendered":"<div class=\"wpb-content-wrapper\"><p>[vc_row css_animation=&#8221;fadeIn&#8221; el_class=&#8221;submenus&#8221;][vc_column][vc_row_inner content_placement=&#8221;middle&#8221; gap=&#8221;30&#8243; css=&#8221;.vc_custom_1648102318716{padding-top: 7vh !important;padding-bottom: 5vh !important;}&#8221;][vc_column_inner width=&#8221;3\/5&#8243;][vc_column_text]<\/p>\n<h4>Sobre<\/h4>\n<h1>Apoiar e facilitar a articulaci\u00f3n do ecosistema de Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 para enfrontarnos xuntas aos retos complexos que temos por diante como sociedade.<\/h1>\n<p>[\/vc_column_text][\/vc_column_inner][vc_column_inner width=&#8221;2\/5&#8243;][vc_single_image image=&#8221;941&#8243; img_size=&#8221;full&#8221; css_animation=&#8221;left-to-right&#8221; lazy_load=&#8221;yes&#8221;][\/vc_column_inner][\/vc_row_inner][vc_icon type=&#8221;material&#8221; icon_material=&#8221;vc-material vc-material-arrow_downward&#8221; color=&#8221;custom&#8221; size=&#8221;lg&#8221; css_animation=&#8221;fadeInDown&#8221; css=&#8221;.vc_custom_1648102678134{margin-bottom: 0px !important;}&#8221; custom_color=&#8221;#d3a4e9&#8243;][vc_separator color=&#8221;black&#8221; border_width=&#8221;2&#8243;][vc_wp_custommenu nav_menu=&#8221;46&#8243; title=&#8221;Sobre \/&#8221;][vc_separator color=&#8221;black&#8221;][\/vc_column][\/vc_row][vc_section el_id=&#8221;que&#8221;][vc_row][vc_column][vc_row_inner gap=&#8221;35&#8243;][vc_column_inner width=&#8221;1\/3&#8243;][vc_column_text]<\/p>\n<h4>Que<\/h4>\n<h2>Artellar en rede<\/h2>\n<p>[\/vc_column_text][\/vc_column_inner][vc_column_inner width=&#8221;2\/3&#8243;][vc_column_text]O Colaboratorio IC abre un espazo de encontro, conexi\u00f3n e acci\u00f3n con car\u00e1cter inclusivo e autoorganizado a fin de artellar o ecosistema de Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 (IC).<\/p>\n<p>E QUEREMOS FACELO CONTIGO!<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Colaboratorio.<\/strong> Grupo de traballo aberto e distribu\u00eddo que colabora e comparte recursos a fin de desenvolver procesos e proxectos con obxectivos com\u00fans.<\/li>\n<li><strong>Innovaci\u00f3n Ciudadana (IC).<\/strong> A\u00a0implicaci\u00f3n das propias persoas e comunidades \u00e1s que lles afectan retos e necesidades diversas na produci\u00f3n conxunta de respostas ou soluci\u00f3ns significativas e creativas que se adapten \u00e1s s\u00faas realidades concretas.<\/li>\n<li><strong>Artellar.<\/strong> Reco\u00f1ecer, entender, relacionar e organizar as distintas partes para constru\u00edr algo en conxunto (redes, proxectos ou recursos compartidos).<\/li>\n<li><strong>Ecosistema.<\/strong> Axentes diversos e interdependentes que comparten un mesmo h\u00e1bitat.<\/li>\n<\/ul>\n<p>O Colaboratorio IC nace compartindo procesos, ensinanzas e recursos con axentes e redes, principalmente en Iberoam\u00e9rica e Europa.<\/p>\n<p>XUNTAS SOMOS M\u00c1IS FORTES![\/vc_column_text][\/vc_column_inner][\/vc_row_inner][\/vc_column][\/vc_row][\/vc_section][vc_section el_id=&#8221;para-que&#8221;][vc_row][vc_column][vc_separator color=&#8221;purple&#8221;][vc_row_inner gap=&#8221;35&#8243;][vc_column_inner width=&#8221;1\/3&#8243;][vc_column_text]<\/p>\n<h4>Para que<\/h4>\n<h2>Reco\u00f1ecer e visibilizar<\/h2>\n<p>[\/vc_column_text][\/vc_column_inner][vc_column_inner width=&#8221;2\/3&#8243;][vc_column_text]A Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 leva tempo madurando, estend\u00e9ndose, po\u00f1\u00e9ndose a proba e achegando soluci\u00f3ns. Na s\u00faa multiplicidade de formas e expresi\u00f3ns, demostra a s\u00faa capacidade e eficacia para contribu\u00edr a atallar desaf\u00edos e situaci\u00f3ns en todos os \u00e1mbitos da vida que, pola s\u00faa dimensi\u00f3n, complexidade ou urxencia, chegan a desbordar os propios sistemas institucionais, tecnocient\u00edficos e de mercado.<br \/>\nSabemos que a Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 \u00e9 determinante nas transformaci\u00f3ns e transici\u00f3ns ineludibles que temos por diante. Por iso temos que lograr que sexa m\u00e1is visible e reco\u00f1ecida, as\u00ed como que conte cos apoios e recursos para o desenvolvemento de todo o seu potencial.<br \/>\n\u00c9 importante organizar e activar o ecosistema de innovaci\u00f3n centr\u00e1ndose na Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1, tanto nas s\u00faas pr\u00e1cticas como nos seus resultados. Isto \u00e9 as\u00ed porque, para responder aos retos actuais, precisamos un ecosistema activo, rico e diverso que involucre a cidadan\u00eda.[\/vc_column_text][\/vc_column_inner][\/vc_row_inner][\/vc_column][\/vc_row][\/vc_section][vc_section el_id=&#8221;como&#8221;][vc_row][vc_column][vc_separator color=&#8221;purple&#8221;][vc_row_inner gap=&#8221;35&#8243;][vc_column_inner width=&#8221;1\/3&#8243;][vc_column_text]<\/p>\n<h4>Como<\/h4>\n<h2>Reflexionar e propo\u00f1er<\/h2>\n<p>[\/vc_column_text][\/vc_column_inner][vc_column_inner width=&#8221;2\/3&#8243;][vc_column_text]O Colaboratorio IC promove a Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 e d\u00e1a a co\u00f1ecer mediante procesos de intelixencia colectiva que parten destas preguntas:<\/p>\n<ul>\n<li>Como favorecemos o desenvolvemento e a sostibilidade dos ecosistemas de Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1, a colaboraci\u00f3n e a hibridaci\u00f3n entre axentes diversos, as\u00ed como o escalado e a transferencia das s\u00faas achegas? Como conectamos as distintas escalas territoriais e competenciais para compo\u00f1er un sistema federado?<\/li>\n<li>Como impulsamos e estendemos a Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 como pr\u00e1ctica continuada e coti\u00e1 m\u00e1is al\u00e1 dos momentos excepcionais e de emerxencia? Como a conectamos coa participaci\u00f3n democr\u00e1tica? Como a vinculamos \u00e1s persoas, \u00e1s s\u00faas problem\u00e1ticas e aos seus proxectos de vida?<\/li>\n<li>Como conseguimos as condici\u00f3ns e os recursos para que a Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 se torne un elemento esencial para responder aos retos e desaf\u00edos que nos agardan como sociedade?<\/li>\n<li>Como integramos a l\u00f3xica da Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 e os laboratorios nunha rede m\u00e1is ampla e diversificada de equipamentos locais, como escolas, bibliotecas, ambulatorios, centros culturais e comunitarios, polideportivos, telecentros ou oficinas de emprego, entre outros?<\/li>\n<li>Como reivindicamos o papel da Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 como \u00e1mbito espec\u00edfico do sistema de ciencia, tecnolox\u00eda e innovaci\u00f3n? Como combinamos a Innovaci\u00f3n cidad\u00e1 con outras formas de innovaci\u00f3n, como a social, a aberta, a p\u00fablica, a cultural ou a dixital?<\/li>\n<\/ul>\n<p>Para responder a todas estas preguntas, aplicamos as propias l\u00f3xicas da Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1: a colaboraci\u00f3n en rede, a implicaci\u00f3n dos suxeitos afectados ou a xeraci\u00f3n de respostas tentativas en forma de prototipos.[\/vc_column_text][\/vc_column_inner][\/vc_row_inner][\/vc_column][\/vc_row][\/vc_section][vc_section el_id=&#8221;objetivos&#8221;][vc_row][vc_column][vc_separator color=&#8221;purple&#8221;][vc_row_inner gap=&#8221;35&#8243;][vc_column_inner width=&#8221;1\/3&#8243;][vc_column_text]<\/p>\n<h4>Obxectivos<\/h4>\n<h2>Apoiar, acompa\u00f1ar e facilitar<\/h2>\n<p>[\/vc_column_text][\/vc_column_inner][vc_column_inner width=&#8221;2\/3&#8243;][vc_column_text]O obxectivo principal do Colaboratorio IC \u00e9 apoiar, acompa\u00f1ar e facilitar a articulaci\u00f3n do ecosistema da Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1. Para iso, orientamos a nosa acci\u00f3n ao seguinte:<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Identificar e visibilizar <\/strong>os seus axentes desde o respecto pola s\u00faa natureza diversa, complementaria e corresponsable.<strong><br \/>\n<\/strong><\/li>\n<li><strong>Conectar e mobilizar <\/strong>os axentes mediante o reforzo de todo o positivo que xa est\u00e1 en marcha e a promoci\u00f3n da colaboraci\u00f3n e das relaci\u00f3ns significativas, sostibles e viables.<strong><br \/>\n<\/strong><\/li>\n<li><strong>Desenvolver <\/strong>acordos e proxectos concretos en torno a retos com\u00fans.<strong><br \/>\n<\/strong><\/li>\n<li><strong>Compartir e producir<\/strong> en conxunto infraestruturas, ferramentas, metodolox\u00edas e recursos que faciliten a colaboraci\u00f3n.<\/li>\n<li><strong>Escalar e transferir <\/strong>a potencia e as ensinanzas da Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 a distintos \u00e1mbitos de actuaci\u00f3n sectoriais e territoriais.<\/li>\n<li><strong>Divulgar e concienciar <\/strong>sobre a capacidade de transformaci\u00f3n e cohesi\u00f3n que ten a Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 mediante a implicaci\u00f3n de instituci\u00f3ns, axentes sociais, medios de comunicaci\u00f3n etc.<strong><br \/>\n<\/strong><\/li>\n<\/ul>\n<p>[\/vc_column_text][\/vc_column_inner][\/vc_row_inner][\/vc_column][\/vc_row][\/vc_section][vc_section el_id=&#8221;innovacion-ciudadana&#8221;][vc_row][vc_column][vc_separator color=&#8221;purple&#8221;][vc_row_inner gap=&#8221;35&#8243;][vc_column_inner width=&#8221;1\/3&#8243;][vc_column_text]<\/p>\n<h4>Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1<\/h4>\n<h2>Unha definici\u00f3n sempre aberta<\/h2>\n<p>[\/vc_column_text][\/vc_column_inner][vc_column_inner width=&#8221;2\/3&#8243;][vc_column_text]A Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 xorde da implicaci\u00f3n activa da sociedade civil, das persoas e comunidades \u00e1s que lles afectan e interesan os distintos desaf\u00edos. Prod\u00facese de forma conxunta grazas \u00e1 interacci\u00f3n de axentes diversos, que mesturan o co\u00f1ecemento t\u00e9cnico e experto co afeccionado, o experiencial e o vivencial. Busca colectivamente respostas que adoptan todo tipo de formatos (servizos, produtos, procesos, pol\u00edticas&#8230;) que melloren a vida e a contorna e que, de funcionaren, tam\u00e9n se poden desenvolver a maior escala ou transferirse a outros lugares.<\/p>\n<p>Para o Colaboratorio IC, a Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 \u00e9 unha etiqueta aberta, transversal, sen prexu\u00edzos, apropiable e adaptable desde \u00e1mbitos diversos como a cultura, a ciencia, a educaci\u00f3n, o medio ambiente, a sa\u00fade, a acci\u00f3n social, a econom\u00eda, o deporte, a tecnolox\u00eda&#8230; Enriqu\u00e9cese conforme se ampl\u00eda!<\/p>\n<p>[\/vc_column_text][\/vc_column_inner][\/vc_row_inner][vc_row_inner gap=&#8221;35&#8243;][vc_column_inner width=&#8221;1\/3&#8243;][vc_column_text]<\/p>\n<h2><b>Social, aberta, p\u00fablica, cultural e dixital<\/b><\/h2>\n<p>[\/vc_column_text][\/vc_column_inner][vc_column_inner width=&#8221;2\/3&#8243;][vc_column_text]A Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 enf\u00f3case na integraci\u00f3n da sociedade civil na busca de respostas a retos complexos grazas a que lle outorga un lugar central aos seus co\u00f1ecementos, experiencias, prioridades ou perspectivas. A s\u00faa potencia enriqu\u00e9cese e ref\u00f3rzase cando se complementa con outras formas de innovaci\u00f3n de maneira transversal, igual que fan esas outras formas ao integrar o factor cidad\u00e1n.<\/p>\n<ul>\n<li><strong>Innovaci\u00f3n Social: <\/strong>a busca de soluci\u00f3ns e melloras significativas que deriven no beneficio com\u00fan e se centren en retos e desaf\u00edos relativos a calquera \u00e1mbito da vida: sa\u00fade, medio ambiente, educaci\u00f3n, modelos produtivos, alimentaci\u00f3n, mobilidade, coidados, desigualdades&#8230;<\/li>\n<li><strong>Innovaci\u00f3n Aberta:<\/strong> A\u00a0produci\u00f3n conxunta de novos co\u00f1ecementos e experiencias de maneira colaborativa e distribu\u00edda grazas \u00e1s l\u00f3xicas de funcionamento da intelixencia colectiva, o c\u00f3digo aberto ou a \u00e9tica pirata. O obxectivo \u00e9 fomentar a cooperaci\u00f3n e a transparencia, as\u00ed como todo aquilo que sexa escalable, replicable e transferible.<\/li>\n<li><strong>Innovaci\u00f3n P\u00fablica:<\/strong> A\u00a0xeraci\u00f3n de valor p\u00fablico, tanto para renovar e fortalecer o sistema p\u00fablico (servizos, procedementos e m\u00e9todos de participaci\u00f3n novos&#8230;) como para desenvolver proxectos transformadores desde os seus distintos \u00e1mbitos de competencia en clave de colaboraci\u00f3n p\u00fablico-social.<\/li>\n<li><strong>Innovaci\u00f3n Cultural:<\/strong> A\u00a0creaci\u00f3n de relatos, significados, relaci\u00f3ns ou costumes novos mediante a imaxinaci\u00f3n, as artes e a creatividade. Estes po\u00f1en en cuesti\u00f3n e ampl\u00edan os nosos l\u00edmites e convenci\u00f3ns de maneira experimental e aseguran a extensi\u00f3n dos dereitos culturais ao conxunto da cidadan\u00eda.<\/li>\n<li><strong>Innovaci\u00f3n Dixital: <\/strong>O\u00a0desenvolvemento \u00e9tico e t\u00e9cnico de ambientes, ferramentas e usos sociais baseados en tecnolox\u00edas emerxentes (plataformas de colaboraci\u00f3n, internet das cousas, datos masivos, fabricaci\u00f3n dixital, cadea de bloques e intelixencia artificial, entre outros) que promoven a soberan\u00eda tecnol\u00f3xica e a superaci\u00f3n da fenda dixital.<\/li>\n<\/ul>\n<p>[\/vc_column_text][\/vc_column_inner][\/vc_row_inner][\/vc_column][\/vc_row][\/vc_section][vc_section el_id=&#8221;marco-comun&#8221;][vc_row][vc_column][vc_separator color=&#8221;purple&#8221;][vc_row_inner gap=&#8221;35&#8243;][vc_column_inner width=&#8221;1\/3&#8243;][vc_column_text]<\/p>\n<h4>Marco Com\u00fan<\/h4>\n<h2>Desde unha l\u00f3xica de H\u00e9lice Qu\u00edntupla<\/h2>\n<p>[\/vc_column_text][\/vc_column_inner][vc_column_inner width=&#8221;2\/3&#8243;][vc_column_text]A Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 sit\u00faase no marco da innovaci\u00f3n de H\u00e9lice Qu\u00edntupla, que sup\u00f3n a superaci\u00f3n do modelo tradicional de H\u00e9lice Tripla (administraci\u00f3n p\u00fablica; centros de co\u00f1ecemento e investigaci\u00f3n; empresas e profesionais). Primeiro, este modelo ampliouse coa H\u00e9lice Cu\u00e1drupla, que engadiu as competencias, os saberes e as pancas da sociedade civil (cidadan\u00eda organizada e non organizada). Despois, incorporou a H\u00e9lice Qu\u00edntupla, \u00e9 dicir, as condici\u00f3ns e particularidades do territorio, o propio contexto situado no que se xera a innovaci\u00f3n.<\/p>\n<p>O \u00e9xito da innovaci\u00f3n desde a H\u00e9lice Qu\u00edntupla bas\u00e9ase na suma da diversidade e do car\u00e1cter complementario que vemos entre axentes, ademais de en non repartir as funci\u00f3ns de maneira parcelada entre as distintas h\u00e9lices. No seu lugar, favor\u00e9cense os fluxos, as interacci\u00f3ns e as relaci\u00f3ns mixtas e h\u00edbridas entre elas. Neste sentido, \u00e9 fundamental despregar todo o potencial da cidadan\u00eda como axente coprodutor de innovaci\u00f3n, algu\u00e9n que poder\u00eda introducir cambios m\u00e1is rompedores no xeito de enfocar os procesos de innovaci\u00f3n, de buscar e, quizais, de alcanzar outro tipo de resultados.<\/p>\n<p>[\/vc_column_text][vc_single_image image=&#8221;3282&#8243; img_size=&#8221;full&#8221; alignment=&#8221;center&#8221; css_animation=&#8221;fadeIn&#8221; lazy_load=&#8221;yes&#8221; css=&#8221;.vc_custom_1654870910095{margin-right: 0px !important;margin-left: 0px !important;padding-right: 0px !important;padding-left: 0px !important;}&#8221;][vc_empty_space][\/vc_column_inner][\/vc_row_inner][vc_row_inner gap=&#8221;35&#8243;][vc_column_inner width=&#8221;1\/3&#8243;][vc_column_text]<\/p>\n<h3>Unha rosquilla de ODS<\/h3>\n<p>[\/vc_column_text][\/vc_column_inner][vc_column_inner width=&#8221;2\/3&#8243;][vc_column_text]No Colaboratorio IC tomamos como referencia a <strong>Econom\u00eda Rosquilla<\/strong>, que sit\u00faa a Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 nun marco amplo e de l\u00edmites claros que fornece un espazo seguro e xusto para a vida. O seu centro sit\u00faa o l\u00edmite nos <strong>M\u00ednimos Sociais<\/strong> que cubran as necesidades b\u00e1sicas das persoas. No exterior, o seu l\u00edmite prop\u00f3n un <strong>Limiar Ecol\u00f3xico<\/strong> para lograr que as nosas acci\u00f3ns xeren un \u00abimpacto 0\u00bb no planeta.<strong>\u00a0<\/strong>[\/vc_column_text][vc_single_image image=&#8221;2392&#8243; img_size=&#8221;full&#8221; alignment=&#8221;center&#8221; css_animation=&#8221;fadeIn&#8221; lazy_load=&#8221;yes&#8221; css=&#8221;.vc_custom_1650861895301{padding-right: 30px !important;padding-left: 30px !important;}&#8221;][vc_column_text]Este mapa de actuaci\u00f3n enriqu\u00e9cese ao incorporar os <strong>Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS)<\/strong> da Axenda 2030 da ONU. No Colaboratorio IC subdividimos os ODS en dous grupos relacionados entre si:<\/p>\n<ol>\n<li><strong>ODS COM\u00daNS<\/strong>, corresp\u00f3ndense cos l\u00edmites interior e exterior da rosquilla, que deben estar presentes en todas as nosas acci\u00f3ns. Por un lado, te\u00f1en que ver cos m\u00ednimos sociais (ODS 1 da erradicaci\u00f3n da pobreza, ODS 2 de po\u00f1erlle fin \u00e1 fame e ODS 3 de sa\u00fade e benestar). Por outro lado, relaci\u00f3nanse co limiar ecol\u00f3xico (ODS 13 de acci\u00f3n polo clima, ODS 14 de vida submarina e ODS 15 de vida dos ecosistemas terrestres).<\/li>\n<li><strong>ODS OPERATIVOS<\/strong> son todos os ODS entre o ODS 4 e o ODS 12, xunto co ODS 16. Estes ocupan o centro da rosquilla e var\u00edan en funci\u00f3n dos intereses, obxectivos e intenci\u00f3ns de cada proxecto.<\/li>\n<\/ol>\n<p>Ademais, o <strong>ODS 17, centrado en forxar alianzas<\/strong>, opera de maneira transversal. A isto hai que sumar un<strong> ODS+ Cultura<\/strong> para o cambio, que adopta a mesma concepci\u00f3n antropol\u00f3xica de cultura c\u00e1 UNESCO.[\/vc_column_text][vc_single_image image=&#8221;862&#8243; img_size=&#8221;full&#8221; alignment=&#8221;center&#8221; css_animation=&#8221;fadeIn&#8221; lazy_load=&#8221;yes&#8221; css=&#8221;.vc_custom_1650171652558{margin-right: 0px !important;margin-left: 0px !important;padding-right: 0px !important;padding-left: 0px !important;}&#8221;][\/vc_column_inner][\/vc_row_inner][\/vc_column][\/vc_row][vc_row][vc_column][vc_column_text]<\/p>\n<p>[\/vc_column_text][\/vc_column][\/vc_row][vc_row gap=&#8221;35&#8243; content_placement=&#8221;middle&#8221; el_id=&#8221;newsletter&#8221; css=&#8221;.vc_custom_1649222949766{border-top-width: 1px !important;padding-top: 30px !important;padding-bottom: 50px !important;border-top-color: #000000 !important;border-top-style: solid !important;}&#8221;][vc_column width=&#8221;2\/3&#8243;][vc_single_image image=&#8221;1261&#8243; img_size=&#8221;full&#8221; alignment=&#8221;right&#8221; css_animation=&#8221;fadeInLeft&#8221; css=&#8221;.vc_custom_1650171708445{padding-left: 30px !important;}&#8221;][\/vc_column][vc_column width=&#8221;1\/3&#8243;][vc_column_text el_class=&#8221;newsletter&#8221;]<\/p>\n<h3>Suscr\u00edbete a nuestro bolet\u00edn<\/h3>\n<p><span style=\"font-weight: 400;\">\u00bfQuieres que la Innovaci\u00f3n Ciudadana llegue directamente a tu email?\u00a0<\/span>[\/vc_column_text][vc_btn title=&#8221;\u00a1ME APUNTO!&#8221; style=&#8221;outline&#8221; shape=&#8221;round&#8221; color=&#8221;inverse&#8221; align=&#8221;left&#8221; link=&#8221;url:https%3A%2F%2Fcolaboratorioic.org%2Fboletin|target:_blank&#8221;][\/vc_column][\/vc_row][\/vc_section]<\/p>\n<\/div>","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>[vc_row css_animation=&#8221;fadeIn&#8221; el_class=&#8221;submenus&#8221;][vc_column][vc_row_inner content_placement=&#8221;middle&#8221; gap=&#8221;30&#8243; css=&#8221;.vc_custom_1648102318716{padding-top: 7vh !important;padding-bottom: 5vh !important;}&#8221;][vc_column_inner width=&#8221;3\/5&#8243;][vc_column_text] Sobre Apoiar e facilitar a articulaci\u00f3n do ecosistema de Innovaci\u00f3n Cidad\u00e1 para enfrontarnos xuntas aos retos complexos que temos por diante como sociedade. [\/vc_column_text][\/vc_column_inner][vc_column_inner width=&#8221;2\/5&#8243;][vc_single_image image=&#8221;941&#8243; img_size=&#8221;full&#8221; css_animation=&#8221;left-to-right&#8221; lazy_load=&#8221;yes&#8221;][\/vc_column_inner][\/vc_row_inner][vc_icon type=&#8221;material&#8221; icon_material=&#8221;vc-material vc-material-arrow_downward&#8221; color=&#8221;custom&#8221; size=&#8221;lg&#8221; css_animation=&#8221;fadeInDown&#8221; css=&#8221;.vc_custom_1648102678134{margin-bottom: 0px !important;}&#8221; custom_color=&#8221;#d3a4e9&#8243;][vc_separator color=&#8221;black&#8221; border_width=&#8221;2&#8243;][vc_wp_custommenu nav_menu=&#8221;46&#8243; title=&#8221;Sobre \/&#8221;][vc_separator&hellip;<\/p>\n","protected":false},"author":3,"featured_media":945,"parent":0,"menu_order":0,"comment_status":"closed","ping_status":"open","template":"","meta":{"_acf_changed":false,"footnotes":""},"class_list":["post-1375","page","type-page","status-publish","has-post-thumbnail","hentry"],"acf":[],"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/colaboratorioic.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1375","targetHints":{"allow":["GET"]}}],"collection":[{"href":"https:\/\/colaboratorioic.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages"}],"about":[{"href":"https:\/\/colaboratorioic.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/types\/page"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/colaboratorioic.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/users\/3"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/colaboratorioic.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/comments?post=1375"}],"version-history":[{"count":17,"href":"https:\/\/colaboratorioic.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1375\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":3287,"href":"https:\/\/colaboratorioic.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/pages\/1375\/revisions\/3287"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/colaboratorioic.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media\/945"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/colaboratorioic.org\/gl\/wp-json\/wp\/v2\/media?parent=1375"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}